Canadian weather
O inverno en Canadá é a estación máis temida e dá a sensación de ser a máis longa do ano, polo que non é raro escoitar mofas con resignación sobre elo, como o que se amosa na imaxe.
Parece que Canadá vive nun eterno inverno, e cando chega o primeiro raio de sol...a traballar!, é hora de poñer a punto a cidade antes de que comecen de novo as nevadas.
Razón non lles falta, durante os meses de outubro e novembro, antes de que comezaran de novo as xeadas, a cidade de Ottawa estivo completamente en obras.
Canadian flag and anthem
A bandeira de Canadá é o seu símbolo nacional. Coñécese tamén como The maple leaf flag (bandeira de folla de arce). Está composta por dúas bandas vermellas, cada unha nun lateral e no centro un rectángulo branco no que se atopa unha folla de arce en cor vermella con once puntas.
Multiculturalism
O goberno de Canadá recoñece oficialmente o carácter multicultural da sociedade canadiense e promove a diversidade cultural. A poboación nativa de Canadá comprende os pobos indio e inuit (anteriormente chamado esquimal).
Sports
Canadá e un lugar coñecido polos seus deportes de inverno. O hockey sobre xeo é un deporte nacional e todos os nenos e nenas o practican na escola. Existen numerosas pistas de xeo, aínda que tamén se patina sobre lagos e estanques conxelados. Canadá é un dos países com máis premios en patinaxe artística sobre xeo, aínda que tamén se practica patinaxe de velocidade.