top of page

Gusibot travels to Canada...

A mascota do CEIP Plurinligüe de Conmeniño fixo unha pequena viaxe a Canadá durante os meses de outubro e novembro para coñecer un pouco máis a fondo este país: a súa cultura, historia, xentes, colexios.
Canadá tamén se achegou un pouquiño máis a Galicia e ao Conmeniño, pois Gusibot foi o encargado de amosar aos nenos e nenas do colexion Barrhaven Public School o noso colexio, a nosa cultura e a nosa terra. estes quedaron abraiados coa beleza das nosas praias, a nosa gastronomía, celebracións... máis de un e unha está desaxando facernos unha visita!
De feito, tal foi o interese que espertou neles o noso centro e a nosa cultura que os alumnos e alumnas de Grade 1 e Grade 2 pedíronnos manter contacto vía e-mail co noso alumnado para intercambiar preguntas, impresións... e nós por suposto estamos encantados!, que mellor forma de aprender sobre outro país e outra cultura que falando coas súas xentes!
Ao longo desta web poderedes atopar o que Gusibot foi anotando no seu caderno de campo para amosarvos: información que recopilou, aprendizaxes, impresións... todo para achegarvos un pouquiño de Canadá a todos e todas vós. Se algo sacamos en claro desta viaxe é o importante que é coñecer para comprender!

Untitled-2-03.png
Gusibot travels to Canada: Acerca de
bottom of page