top of page

Recycling in Canada

En Canadá existe unha grande cultura da reciclaxe, non só reciclan, senón que se reutilizan evases, libros, mobiliario...
Nos vecindarios hai pequenas vitrinas nas que os habitantes colocan libros que xa leron e están dispostos a compartir ou regalar. Esta iniciativa xurdeu en 2009 cando un home chamado Tod Bol contruíu unha Little Free Library, en honor á súa nai que era mestra. A día de hoxe existen 10.000 librerías gratuítas deste tipo ao redor do mundo.
Ademais é común nas rúas dos vecindarios ver obxectos como televisores, bicicletas, sofás, cadeiras... todos eles en bo estado e que a xente regala cando xa non os necesita, en moitas ocasións colocan xunto a estes obxectos un cartel que di "free" e as características do obxecto.
En Canadá sepárase o lixo en orgánico, reciclable e inorgánico, con calendarios semanais para a recolección.
Tanto a nivel industrial como doméstico, en Canadá recíclase todos os días, reutilízase todo o que se pode e nos colexios ensínase ás novas xeracións a reducir e a reutilizar e reciclar.

IMG_20191028_131422_edited.jpg
Recycling in Canada: Acerca de
bottom of page